Inicio   Faltan 36 días para Termatalia.         
Boletín Termatalia
Nome:
Correo:

Voltar

 Barcelona volveu acoller a cita da beleza profesional: Cosmobelleza

 Data: 10/03/2010


 

O Salón internacional da Estética, a Perruquería e o Wellness celebrou a súa 16ª edición o 6, 7 e 8 de marzo no recinto de Fira de Barcelona Gran Vía (L´Hospitalet de Llobregat). Durante estas 3 xornadas, uns 100.000 visitantes achegáronse a coñecer o último do sector da man de 300 expositores nacionais e internacionais.
 
Na pasada edición, Termatalia promocionouse no salón Cosmobelleza a través do stand da revista turca colaboradora da feira española, Spa & Wellness Magazine.

Organizado polo Grupo Cosmobelleza, un dos maiores grupos de comunicación de beleza profesional en España, o certame conta coas últimas tendencias enperruquería, estética e wellness. Un evento que foi habitual escaparate de promoción de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal que Expourense acolle do 15 ao 17 de outubro

Cosmobelleza & Wellness ofreceu diferentes eventos dirixidos aos profesionais da perruquería, a estética e o wellness, entre os que destacaron as Xornadas Profesionais de Termalismo e Wellness. Nestas sesións dirixidas aos xerentes ou directivos de Spas e balnearios, analizáronse as claves de xestión e explotación das zonas de auga-termalismo. Así mesmo, abordáronse temas como as claves do negocio do Spa. Xornadas que foron organizadas por Tribuna Termal -revista oficial de Termatalia- e o Grupo Cosmobelleza, colaborador tamén da feira.
 
Para máis información:
www.feriacosmobelleza.com/es/feria.cosmo



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal