Inicio   Faltan 36 días para Termatalia.         
Boletín Termatalia
Nome:
Correo:

Voltar

 Cabreiroá impartirá clases sobre o consumo responsable da auga

 Data: 22/02/2010


Voz Natura, o programa de educación ambiental, dedicará a súa próxima edición ao consumo responsable da auga. Desde mañá catro centros poderán empezar a tomar conciencia da importancia deste recurso para a vida a través de sesións interactivas.

Os elixidos son centros de cada unha das provincias galegas e quen fará posible esta actividade será un dos patrocinadores do programa, Cabreiroá, que quixo implicarse no coidado do medio ambiente galego mentres estimula a imaxinación de nenos.

Cabreiroá, que patrocina Voz Natura desde o ano pasado, ofreceu ao programa a oportunidade de organizar unha serie de clases interactivas sobre o consumo responsable da auga e a importancia de coidar o medio para manter a biodiversidade e empezará con esta iniciativa mañá na localidade lucense de Sarria.

As actividades dividiranse en tres grandes bloques que se impartirán nun máximo de tres sesións duns corenta e cinco minutos e irán enfocadas a nenos de entre seis e oito anos.

Para coñecer máis sobre este programa: www.voznatura.es



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal