Inicio   Faltan 36 días para Termatalia.         
Boletín Termatalia
Nome:
Correo:

Voltar

 México prepara a súa participación como país invitado en Termatalia 2010

 Data: 18/02/2010


>> A revista mexicana Ven AMÉRICA dedica os seus dous últimos números á Feira Internacional de Turismo Termal

Ourense, 18/02/2010. O pasado mes de outubro, Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, pechaba a súa edición máis internacional na que sobresaía a importante presenza de América Latina. A incorporación de novos países latinoamericanos foi en aumento. Por este motivo, anunciábase que México sería o país invitado na edición de 2010.

A penas dous meses despois, a revista Ven AMÉRICA facíase eco da noticia na portada do seu número de decembro, no que ademais se incluía unha ampla reportaxe sobre Termatalia 2009 e a participación que este país tivo na feira. O número de febreiro -trátase dunha publicación bimestral-, tamén incluía unhas páxinas dedicadas á única cita do sector termal de toda a Península Ibérica e desde as que se recollía a invitación a participar por parte da organización ás institucións e empresas mexicanas do sector.

A Feira Internacional de Turismo Termal que cada ano celébrase en Ourense, Capital Termal de Galicia, caracterízase por haberse constituído como ponte de conexión entre o termalismo europeo e o latinoamericano. Este papel de ponte termal entre o vello e o novo continente viuse reforzado na edición de 2009 coa presenza de expositores e turoperadores procedentes destes países nos que a demanda do produto “Turismo de Saúde” está comezando a crecer e que miran cara a Europa como modelo a seguir á hora de desenvolver os seus produtos termais.

Por iso, esta conexión verase reforzada en 2010 coa presenza de México como país invitado, unha nación que representa á perfección o potencial termal, os recursos e as ganas de desenvolvelos que ten todo o Continente.

Ven América é unha empresa mexicana que a través da súa revista Ven AMÉRICA, o seu sitio web www.revistavenamerica.com.mx , e proximamente en televisión, promove o turismo, ecoturismo, turismo de aventura, artes, calidade de vida, congresos, convencións, exposicións, feiras e tradicións de México, en particular, e de América, en xeral, entre un público potencial de varios miles de persoas.

Por iso, a Directora Executiva da revista, Eugenia García Medina foi elixida como delegada de Termatalia en Centroamérica. De modo que esta publicación converteuse na principal portavoz da Feira de Turismo Termal en México e Centroamérica ao promover o Turismo de Saúde no seu nome. Ademais, nos distintos números da revista recóllense tamén as declaracións da Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo así como do Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

O próximo outubro, Termatalia celebra a súa décima edición do 15 ao 17 de outubro, no que será un ano moi especial, por celebrarse o Xacobeo 2010 e por recibir a México como país invitado.

Consulte os números da revista dedicados a Termatalia:

 


© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal