Inicio   Faltan 36 días para Termatalia.         
Boletín Termatalia
Nome:
Correo:

Voltar

 Termatalia 2010 deuse a coñecer na Feira Internacional de Viaxe e Turismo do Este de Europa (EMMIT)

 Data: 17/02/2010



Ourense, 17/02/2010. Desde o pasado xoves día 11 de febreiro e ata o domingo 14, a cidade turca de Estambul converteuse en punto de encontro do sector de viaxes e turismo. Como cada ano, celebrouse EMMIT, The East European International Travel & Tourism Exhibition (Feira Internacional de Viaxe e Turismo do Este de Europa)  na que se deu a coñecer a décima edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal.

O salón, que este ano acolleu a súa décimo cuarta edición -a primeira tivo lugar en 1996- converteuse nunha importante cita para o sector do turismo ao contar con máis de 3.000 expositores e recibir unhas 97.500 visitas das cales, 42.000 foron profesionais.

Termatalia presentou así en EMMIT a súa nova edición, na que se converterá nun Centro de Negocios entre Eurasia e América Latina para o turismo termal, o termalismo, a talasoterapia e o spa. A participación de máis de 25 países favorece fomentar o intercambio de experiencias entre distintos continentes desde o punto de vista empresarial, institucional ou social e obter unha perspectiva global do termalismo a nivel internacional.

A promoción fíxose a través do delegado de Termatalia para Eurasia, D. Olcay Okay, quen á súa vez é director dunha das principais revistas do sector,  Spa & Wellness Magazine.

A Feira Internacional de Turismo Termal terá lugar entre os días 15 e 17 de outubro en Expourense (Ourense-Galicia-España).

 



© Expourense 2006 Información xeral e Aviso Legal